TRADICIÓNS (Neiras)

- Festa parroquial: San Salvador, 8 de agosto. Celébrase na primeira fin de semana de agosto.
Ata inicios dos anos 90 do século XX era unha festa moi concorrida, sobre todo á hora do xantar, con corros de comidas de xente de Sober en torno ao río no campo da festa e arredores.
- Festa do lugar de A Vacariza: Santo Antón.
- Tamén houbo festas no Vilar e Castroseiros.
- As festas do Entroido foron importantes ata os anos 80. Facíanse os compadres e comadres e íase en comparsa por toda a parroquia. Polo Entroido, os de Neiras e Gundivós ían en roda cos pallóns acesos polo castro de Gundivós, para que se viran ao lonxe.
- Na actualidade séguese a celebrar a festa parroquial e a Asociación Veciñal recuperou o magosto e a festa do sábado de Entroido.

Sem comentários: